O 29 de Xaneiro finalizou o Obradoiro de Romances e Cantos de Cego, impartido polos mestres da e-Trad: Alfonso Franco e Anxo Pintos. Durante tres venres consecutivos o cursiño congregou a 16 músicos arredor da aprendizaxe de coplas, acompañándose con zanfona ou violín. Florencio ou Santalices foron evocados nos cantos e romances de variada temática, traballándoos directamente das súas gravacións. Ao final o seu espíritu flotaba nas verbas arestadas e retranqueiras das letras sobre un fondo de melodías concisas e reiterativas. Velaí o ambiente perfeito para mergullarse nas historias, ás veces arrepiantes, coas que os cegos engaiolaban ao seu público natural.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario