04 maio 2010

e-Trad. Venres 7 de Maio. Venezuela abre o II Ciclo de Músicas Inmigradas. Carlos Suárez

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. Compositor e etnomusicólogo galego, Celanova 1966, emigra cos seus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galicia en 2003. Mestre compositor polo Conservatorio Superior de Música Simón Bolívar de Caracas (especialidade electroacústica). Etnomusicólogo polo Instituto Universitario de Estudos Musicais de Caracas.
Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas. As súas viaxes de investigación por Venezuela e o caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana e indíxena no Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Ten transcrito máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicología e folklore”, e para FINIDE “Fundación internacional de etnomusicología” durante 10 anos. No ano 2006 gaña en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, comezando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org.
Realizou máis de 60 concertos, presentando as súas composicións en Venezuela (FLM, TTC), Brasil, Colombia, Perú, Chile (Ai-maako, tsonami), Arxentina (Tsonami), Uruguai (CCE), Portugal(Binauralmedia), Francia (Festival de Bourges, Elektrophonie), Italia (Emufest), Alemaña (Dar Kleine Field Recording Festival), México (Foro Mundial de Ecoloxía Acústica), USA (Experimedia), España (LIEM, Arteleku, SONAR, Telenoika, MARCO, MACUF, Experimentaclub + LIMb 
  • Horario: de 18h a 21h
  • Lugar: auditorio da e-Trad.
  • Entrada libre e de balde ata completar aforo.


    Ningún comentario:

    EDUCAFOLK

    VIGOFOLK

    Folque

    A Regueifa Blog

    Malmequer

    El Rincón del Jarramplas

    Arperia

    Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego