A billeteira do Teatro Circo Price de Madrid colgou o cartaz de "Non hai entradas" para o espectáculo que SonDeSeu presentou o 1 de Maio dentro do Ciclo Raíces patrocinado polo Xacobeo 2010.
Acompañados do baile de "O Fiadeiro", os 40 músicos da orquestra foron debullando os temas do seu novo traballo, "Barlovento" diante dunha audiencia entregada á elegante, dinámica e enerxética posta en escea.
Ao final houbo parte do público que non se resistiu a sumarse ao baile na escea baixo o son do pasodobre do Berbés.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario