Logo do interesante inicio deste II Ciclo de Músicas Inmigradas a cargo de Carlos Suárez, tócalle o turno á música de Irlanda e Inglaterra da man da violinista Sara Bonner
INGLATERRA – IRLANDA – Sara Bonner
Naceu en Linconn (Inglaterra) e dende moi pequena sentiu inquedanzas musicais levándolle a recibir clases de piano e canto. Foi xa na súa xuventude cando decidiu que o seu instrumento era o violín comezando a tomar clases dese instrumento. Sara sempre entendeu que a maneira mais natural de aprender un instrumento (tratándose de tocar música tradicional) sempre sería en contacto ca xente e no contexto adecuado; “sessions en pubs”. Así foi como, nun primeiro momento en Inglaterra e logo en Irlanda onde viviu 5 anos, tomou contacto con moitos músicos tradicionais cos cales tocou en numerosas ocasións. Cando chegou a Galicia decidiu facelo mesmo e non se rendeu ate atopar instrumentistas cas súas mesmas inquedanzas e maneira peculiar de sentir a música: entre a técnica, a improvisación, a comunicación e a versatilidade. Actualmente segue tocando e colaborando en diversas experiencias musicais.
- Dia e hora: venres 14 de Maio de 18h a 21h
- Lugar: auditorio da e-Trad.
- Entrada libre ata completar aforo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario