O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
27 setembro 2010
Comezan as clases na e-Trad. Este curso somos... 266!!
Segue a medrar o número de estudantes na escola. O ano pasado fomos 213. Non dá a impresión de que o interese pola música tradicional e folk vaia a menos se nos fiamos das cifras. Este ano facemos constar unha separación máis operativa dos itinerarios básico (198 matrículas) e profesional (68 matrículas). Neste último nivel, 6 alumnos e alumnas estrean o segundo grao, o denominado Mestre, o máis esixente.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario