O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
02 novembro 2010
Divulgativos e-Trad. Arranca o ciclo "Tocar é Sentir" polos colexios e institutos da bisbarra de Vigo
O dia 2 de Novembro de 2010 os mestres da e-Trad comezamos as visitas aos centros educativos de primaria e secundaria da bisbarra viguesa. Cando remate o curso escolar os divulgativos terán chegado a un total de 3.000 alumnos de todos os centros aos que nos achegaremos. A primeira visita correspondeulle ao CEIP Emilia Pardo Bazán. A través dun conto, os alumnos foron coñecendo os instrumentos que impartimos na escola. Como remate, todos puideron tocar todos os instrumentos presentados. Na foto un detalle do bo xeito ao coller as culleres dun dos alumnos participantes.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario