O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
22 novembro 2010
Rematou o monográfico "A Trompa da Fonsagrada"
Dez inscritos no monográfico "A Trompa da Fonsagrada" que impartiu Rodrigo Romaní remataron as sesións didácticas o pasado Venres 12. Aprendemos os distintos ritmos da música tradicional e a súa adaptación a este universal instrumento que presenta particularidades en Galicia. Compartimos experiencias, vimos audiovisuais sobre a trompa noutras culturas e xogamos cos fundamentos acústicos dos sons harmónicos, base sonora da trompa, facendo mención práctica do canto difónico, e mesmo carlos nos fixo unha pequena demostración de beatbox....
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario