O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
18 xaneiro 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visita os CEIPS Otero Pedraio e Eduardo Pondal
Na mañá do martes 18 de xaneiro, os mestres da e-Trad visitamos os CEIP "Otero Pedraio" en Matamá e o "Eduardo Pondal" de Lavadores. Como no resto de ocasións nas que os escolares puideron ter contacto cos instrumentos, ningún deixou de probar todos os que levamos ao concerto.
De seguro, algún acabará animándose a aprender a facer música con algún deles.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario