O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
26 xaneiro 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visita o CEIP "A Paz" e o CEE "Saladino Cortizo"
O martes 24 de Xaneiro a e-Trad levou os seus instrumentos de visita ao CEIP "A Paz" e máis ao CEE "Saladino Cortizo". Unha vez máis quedamos encantados coa acollida dos alumnos asistentes aos concertos e o bo facer dos profesores de música. Cada martes seguiremos a visitar os colexios da bisbarra viguesa para encher de música tradicional os ouvidos dos nosos miúdos.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario