O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
11 xaneiro 2011
Divulgativos. A e-Trad visita o Colexio Andersen
O martes 11 de Xaneiro a e-Trad visitou o Colexio Andersen dentro do ciclo divulgativo "Tocar é Sentir" organizado pola Concellaría de Educación de Vigo. Diante dun auditorio composto por alumnos de primaria e secundaria, os mestres da e-Trad fixeron un percorrido polos ritmos e instrumentos presentes na música folk e tradicional.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario