O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
01 febreiro 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é sentir" visita os CEIP "Illas Cíes" e "Beade-Coutada"
O martes 1 de febreiro, a e-Trad estivo presente nos CEIP "Illas Cíes" e "Beade-Coutada", amosando os instrumentos que se ensinan na escola. Ningún dos alumnos asistentes, perdeu a ocasión de probar todos os instrumentos que levamos ao concerto.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario