O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
12 abril 2011
Divulgativos e-Trad. O ciclo "Tocar é Sentir" visita o IES "Santa Irene"
O martes 12 de abril os mestres da e-Trad visitamos o IES "Santa Irene, dentro do ciclo divulgativo "Tocar é Sentir". Non deixamos de sorprendernos cada martes coa participación e receptividade con que os alumnos acollen os instrumentos e a música tradicional e folk. Agardamos repetir a experiencia no Santa Irene o curso que ven, asi como tamén ter despertado a curiosidade e mesmo a intención de aprender música a través dalgún dos instrumentos que impartimos na escola.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario