
Chega o nadal, e con el a primeira das audicións na escola, que pon o remate a este primeiro trimestre do curso no que andamos.
Polo escenario do salón de actos pasarán os alumnos de todas as especialidades instrumentáis da e-Trad: Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona. Tamén mostrarán o seu traballo os alumnos do Rancho de Reis, Conxunto 4, e os de Coro e Conxunto de corda frotada.
Será este xoves 22 de Decembro a partires das 18 horas no salón de actos da e-Trad. Non faltedes e que teñades un moi Bo Nadal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario