A 15 dias do evento!!
Desbordadas todas as previsións: a oficina da ETRAD colapsouse o mercores 21 e o xoves 22 coa demanda das invitacións para o concerto do Mar de Vigo. Quedan moi poucas localidades para os concertos do 5 e o 6 no Auditorio Municipal. As posibles devolucións poñeranse nas taquillas do Auditorio Mar de Vigo. Informaremos dende aqui da disponibilidade de invitacións para ese dia.
GRAZAS A TOD@S!!
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario