O Prestixioso violinista escocés Bruce Mc Gregor, líder da banda Blazin Fiddles e responsable do programa máis importante de música folk na BBC escocesa visitou as instalación s da ETRAD o pasado Luns 16.
O fiddler ficou abraiado coas instalacións e equipamento con que contamos na escola, que segundo comentou están moi por riba do nivel medio dos centros de música folk tanto de Europa como de América. Salientou tamén positivamente a idea dos dous itinerarios que a ETRAD desenvolve, por seren un fantástico método de manter a música tradicional viva na sociedade, para que esta non se limite unicamente aos profesionais, o cal suporía, ao seu entender, a definitiva desaparición da mesma. Bruce McGregor estivo en Galicia por mor dun curso que impartiu o pasado Sábado en Xustáns na compaña do pianista/mandolinista "Neil Pearlman", organizado pola Asociación cultural "Galician Fiddle" e cuxas horas lectivas son convalidables como actividades extraescolares. A este curso, de fiddle e mandolina asistiron unha boa representación de alumnos e mestres da ETRAD.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
23 abril 2012
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario