Buscar neste blog

11 decembro 2012

GALAXIA ETRAD. RODRIGO ROMANÍ PRESENTA " AS ARPAS DE BREOGÁN" NO TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA. VENRES 14 DE DECEMBRO. 19 HORAS


(Fonte Radio Obradoiro). As arpas de Breogán' é o título do novo disco en solitario de Rodrigo Romaní. Con este álbum o director da ETRAD e SondeSeu comenta que: "salda unha débeda que eu tiña coa arpa, o instrumento que leva trinta anos dándome de comer". Segundo dixo, o disco está adicado á arpa céltica e creado a partir da música tradicional.
'As arpas de Breogán' inclúe temas de composicións propia e adaptacións de temas tradicionais para os que Romaní contou coa colaboración do percusionista de Berrogüetto, Isaac Palacín, a cantante Inés Lorenzo e a nena Noela Dosil, veciña de Rodrigo Romaní, que canta o tema  'O Feitizo de Añón', unha das grandes sorpresas do disco.
Este traballo foi concibido nun principio para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, engadíndose despois outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas, así como elementos de ambientación electrónica.
Ademais de promocionar este novo disco, Rodrigo Romaní segue volcado nun dos seus proxectos prioritarios, a Orquestra Folk SondeSeu.  "Estamos traballando nun novo disco, ensaiando os novos temas e esperando un proxecto europeo que conectará a SondeSeu con outras músicas de Europa".
'As arpas de Breogán', que xa foi presentado en Noia, será levado ao Teatro Principal de Santiago o venres 14 de decembro ás 19.00 horas.

10 decembro 2012

EXTRESCOLARES ETRAD. Laboratorio de Composición e Arranxos. Anxo Pintos

Neste monográfico impartido por Anxo Pintos, imos facer un repaso dos elementos básicos que conforman  e aparecen en toda composición e arranxo: melodía, ritmo, estilo, harmonía, silencio, forma, xénero... Falaremos de cómo estructurar un tema e dar forma aos arranxos e variacións. As posibles direccións que pode levar un tema segundo o establecemento de premisas... Levaremos todo isto á práctica en grupos de traballo.


Día 11 de Xaneiro
16h – 19h
Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 20
Créditos computables por horas na e-Trad: 3h
Último día de matriculación: 21 de decembro


03 decembro 2012

AUDICIÓN DE NADAL DA ETRAD. XOVES 20 DE DECEMBRO. AUDITORIO MILLADOIRO

Chega o nadal, e con el a primeira das audicións na escola, que pon o remate a este primeiro trimestre do curso no que andamos.
Polo escenario do salón de actos pasarán os alumnos de todas as especialidades instrumentais da ETRAD: Arpa Céltica, Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk e Zanfona. Tamén mostrarán o seu traballo os alumnos do Rancho de Reis, Conxunto 3 Medio, e os de Coro.
Será este xoves 20 de Decembro a partires das 18 horas no Auditorio Milladoiro da ETRAD. Non faltedes e que teñades un moi Bo Nadal!

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego