Buscar neste blog

21 marzo 2013

AUDICIÓN DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA

Programa da Maratón "alumea a túa lingua"


As escolas municipais fan a súa particular homenaxe a Rosalía.
A ETRAD participará na homenaxe a Rosalía que se celebrará no Auditorio do Concello dentro dos actos que se están a desenvolver en Vigo con motivo do 150 aniversario da publicación da súa obra "Cantares gallegos".


Auditorio do Concello: 20,00hs
Entrada de balde ata completar aforo.

18 marzo 2013

2ª AUDICIÓN DE PRIMAVERA. XOVES 21 DE MARZO. 18 HORAS

Na ETRAD continuamos coas audicións das especialidades instrumentais. O vindeiro xoves subirán ao escenario do Auditorio Milladoiro, os alumnos de Arpa, Coro, Violín, Requinta e Zanfona. Será a partir das 18 horas. Agardámosvos!

2ª Audición de primavera.
Datas: xoves 21 de marzo.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
Hora: 18 horas.
Entrada libre e de balde ata completar o aforo.

13 marzo 2013

Extraescolares ETRAD. Monográfico: O tin whistle. Xosé Liz

Descripción, contextualización, audicións, técnica, trucos e repertorio deste instrumento irlandés. Aprenderanse varios temas incidindo na técnica a empregar e no estilo do tin wistle. Imprescindible instrumento.
Día 5 de abril
16h – 19h
Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 15
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de matriculación: 4 de abril ata as 14 horas

12 marzo 2013

1ª AUDICIÓN DE PRIMAVERA. VENRES 15 DE MARZO. 18 HORAS


O venres 15 de marzo celebramos na ETRAD a primeira das dúas audicións de primavera. Nesta primeira, contaremos co concurso dos alumnos das Aulas de Acordeón Diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión e Polifonías. Será a partir das 18 horas no Auditorio Milladoiro. Agardámosvos!

1ª Audición de primavera.
Datas: venres 15 de marzo.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
hora: 18 horas.
Entrada libre e de balde ata completar o aforo.

O grupo Alboroque no CEIP Otero Pedrayo


 
O pasado mércores 6 de marzo o grupo Alboroque, formado por alumnas e alumno de 2º curso de Avanzado fixeron un dos seus estupendos concertos para os nenos e nenas do CEIP Otero Pedrayo. Mesmo a directora (experta gaiteira) animouse a tocar co grupo xunto con alguns dos nenos. O grupo, que sae da materia Conxunto,crea e arranxa o seu propio repertorio. Aqui tendes fotos e video da xornada.

http://donsapoconcho.blogspot.com.es/

07 marzo 2013

AUDICIÓNS DE PRIMAVERA. 15 E 21 DE MARZO. AUDITORIO MILLADOIRO

Na escola, celebramos a chegada da primavera con dous días de audicións: o venres 15 e o xoves 21 de marzo. Polo escenario do Auditorio Milladoiro desfilarán os alumnos das nove especialidades instrumentais da ETRAD: Arpa céltica, acordeón diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión, requinta, violín e zanfona. Xunto a eles estarán tamén os conxuntos instrumentais e as aulas abertas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

Audicións de primavera.
Datas: venres 15 e xoves 21 de marzo.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro
hora: 18 horas
Entrada libre e de balde ata completar o aforo

04 marzo 2013

CONCERTO DIDÁCTICO DE LAUREN RIOUX. ETRAD. MARTES 5 DE MARZO. 20 HORAS

A violinista estadounidense Lauren Rioux, visita a ETRAD este martes 5 de marzo para ofrecernos un concerto didáctico sobre a música feita nos Apalaches. Estará acompañada á guitarra por Sten Isak. Aínda que o concerto didáctico está dirixido especialmente aos violinistas, a quen recomendamos que veñan co seu instrumento, a clase estará aberta ao público en xeral. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo do auditorio.

Concerto didáctico
Lauren Rioux (Fiddle)
Sten Isak (Guitarra)
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
Data: martes 5 de marzo.
Hora: 20 horas
Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Recoméndase aos violinistas vir con instrumento.

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego