O venres 31 de maio os alumnos das aulas de acordeón diatónico, canto popular, gaita e percusión ofrecerán a primeira das dúas audicións a celebrar no último trimestre do ano escolar. Unha boa ocasión para desfrutar do intenso traballo levado a cabo neste curso por todos eles.
1ª Audición de xuño
Datas: venres 31 de maio.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
hora: 18 horas.
Entrada libre e de balde ata completar o aforo.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
30 maio 2013
28 maio 2013
O Anteproxecto de Modificación da Lei de Propiedade Intelectual: un novo atentado contra a dignidade dos autores e músicos
O anteproxecto de modificación da Lei de Propiedade Intelectual que manexa o goberno constitue un novo aldraxe á cultura e á profesión dos creadores liberalizando a xestión de dereitos para que as entidades con ánimo de lucro podan facer negocio coa protección dos dereitos dos creadores. Aquí tes dez motivos que xustifican a fonda preocupación do sector.
25 maio 2013
GALAXIA ETRAD. Rodrigo Romaní faise cun dobrete nos Premios Opinión
O prestixioso músico, director da ETRAD e da Orquestra Folk SondeSeu, Rodrigo Romaní, fíxose con dous dos tres galardóns concedidos na noite do venres 24 na gala da XII edición dos Premios Opinión.
Foi nas categorías de Mellor Canción con "Terra de Melide" e Mellor Artista. Compositor e responsable de numerosas producións, a finais do pasado ano editaba "As Arpas de Breogán". Centrado no instrumento co que máis se identificou na súa carreira e polo que aparecía nominado nas tres categorías que conceden estes premios centrados na música Folk. O grupo Luar na Lubre obtivo o premio ao mellor traballo discográfico por "Mar Maior".
Na ETRAD congratulámonos co recoñecemento ao talento deste músico co que temos a honra de compartir traballo e proxectos, e felicitamos aos compañeiros premiados e finalistas, exemplo do amplo espectro creativo presente na música folk do noso país.
Foi nas categorías de Mellor Canción con "Terra de Melide" e Mellor Artista. Compositor e responsable de numerosas producións, a finais do pasado ano editaba "As Arpas de Breogán". Centrado no instrumento co que máis se identificou na súa carreira e polo que aparecía nominado nas tres categorías que conceden estes premios centrados na música Folk. O grupo Luar na Lubre obtivo o premio ao mellor traballo discográfico por "Mar Maior".
Na ETRAD congratulámonos co recoñecemento ao talento deste músico co que temos a honra de compartir traballo e proxectos, e felicitamos aos compañeiros premiados e finalistas, exemplo do amplo espectro creativo presente na música folk do noso país.
24 maio 2013
GALAXIA ETRAD. Rodrigo Romaní, nominado aos premios Opinión en todas as súas categorías por "As Arpas de Breogán"
O músico Rodrigo Romaní aparece nominado nas tres categorías que contemplan a XII edición dos "Premios Opinión" aos artistas e traballos discográficos no ámbito da música folk galega. O arpista e director da ETRAD, editaba o pasado ano "As Arpas de Breogán". Un álbum onde a súa creatividade e talento orbitan arredor do instrumento que o acompaña desde os inicios da súa carreira.
Os galardoados daranse a coñecer a noite do venres 24 de maio. Agardamos a mellor das sortes ao noso mestre e a todos os músicos nominados na presente edición.
Os galardoados daranse a coñecer a noite do venres 24 de maio. Agardamos a mellor das sortes ao noso mestre e a todos os músicos nominados na presente edición.
EXTRAESCOLARES ETRAD. AUDICIÓNS DE XUÑO. VENRES 31 DE MAIO E 7 DE XUÑO. 18 HORAS. AUDITORIO MILLADOIRO
Os venres 31 de maio e 7 de xuño, terán lugar da ETRAD, as audicións do terceiro trimestre. Polo escenario do Auditorio Milladoiro desfilarán os alumnos das nove especialidades instrumentais da escola: arpa céltica, acordeón diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión, requinta, violín e zanfona. Xunto a eles participarán tamén os conxuntos instrumentais e as aulas abertas. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.
Audicións de xuño.
Datas: venres 31 de maio e 7 de xuño.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
hora: 18 horas.
Entrada libre e de balde ata completar o aforo.
Audicións de xuño.
Datas: venres 31 de maio e 7 de xuño.
Lugar: ETRAD. Auditorio Milladoiro.
hora: 18 horas.
Entrada libre e de balde ata completar o aforo.
13 maio 2013
Oscar Ibáñez presenta o seu disco “ALÉN do MAR” . ETRAD, Venres 24 de Maio. 19,00h
Oscar
Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o
título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista
pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de
orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección
de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da
música celta.
Venres, 24 de maio
19h no Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar o aforo
12 maio 2013
A OFG SONDESEU EN CONCERTO. 18 DE MAIO. AUDITORIO MUNICIPAL DE CANGAS. 21 HORAS
No auditorio cangués, ademáis dos temas incluidos no seu último cd, Barlovento (premio La Opinión ao mellor disco de folk galego), daránse a coñecer algunhas pezas que o grupo vigués foi incorporando ao seu repertorio durante os últimos meses pero que aínda non están recollidas en disco compacto. O concerto, polo tanto, pódese considerar un avance do seu próximo traballo discográfico, que se agarda para finais deste ano.
Cómpre destacar tamén a participación no espectáculo dos bailadores da A.C.F. O Fiadeiro, que executarán coreografías deseñadas especialmente para as melodías de Sondeseu. Música e baile irán da man ao longo dun espectáculo de primeiro nivel ofrecido por dúas agrupacións plenamente consolidadas no panorama artístico e de impecable traxectoria por escenarios de Galicia e Europa.
Concerto da OFG SondeSeu
Auditorio Municipal de cangas
18 de Maio
21:00 Hs.
Entradas á venda na ACF Tromentelo, Salasón, Cafetería O Tostadeiro,
e na billeteira do Auditorio (o mesmo día do concerto)
Prezo: 8 EUR anticipada. 10 EUR na billeteira
09 maio 2013
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)







