Neste monográfico que impartitra o mestre de acordeón diatónico da ETRAD: Carlos Quintá, falarase das funcións tonais, substitucións de acordes, progresións
armónicas, movemento das voces entendidas horizontal ademais de verticalmente,
distintos tipos de cadencias, etc. A armonización dunha peza é algo moi
persoal. Ten algo de compositivo, xa que estamos a expoñer como entendemos unha
determinada peza, a melodía e o ritmo e as características fundamentais do contexto
popular no que traballamos. A partir de ahí, non hai un método que nos diga,
"mira, se fas isto, vaiche saír sempre ben", senón que todo son
distintas solucións, diferentes e apaixonantes opcións que ir aprendendo,
distintas sensacións e matices que podemos "engadir" a unha canción.
Venres 7 de
febreiro
16h – 19h
Aula 5.
Perfecto Feijoó
Número de
prazas: 25
Créditos
computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de
matriculación: 6 de febreiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario