Coa edición do seu cuarto disco, 'Danzas Brancas', Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.
Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquestra estable de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.
A súa irrupción no panorama folk, na edición de 2004 do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, foi referendada por unha enorme aceptación entre os públicos más heteroxéneos, tanto de España como de Europa. A combinación de instrumentos tradicionais e outros procedentes do folk dá lugar a un timbre único, tan característico desta formación como a enerxía que se desprende do escenario e que, invariablemente, acaba contaxiando á audiencia.
preme aquí para mercar a túa entrada
Lugar: Auditorio Novagalicia Banco
Hora: 20:30
Data: sábado, 01 de marzo de 2014
Prezo: Patio butacas e Anfiteatro 1: 8 euros (anticipada) / 11 euros (billeteira) Anfiteatro 2: 6 euros
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
25 febreiro 2014
21 febreiro 2014
EXTRAESCOLARES ETRAD. Monográfico: Instrumentos ocasionais de percusión na música popular galega. Venres 7 de marzo. Javier Feijoo (Chisco)
Monográfico impartido por Javier Feijoó, (Chisco), onde coñeceremos de forma práctica o uso trasladado de obxectos utilizados como percusión ocasional na música tradicional.
Venres 7 de
marzo
16h – 19h
Aula 5.
Perfecto Feijoo
Número de
prazas: 20
Créditos
computables por horas na ETRAD: 3h
Último día de
matriculación: 6 de marzo
Matrícula aberta a alumnos da ETRAD e estudiantes non matriculados na escola.
18 febreiro 2014
SONDESEU en Ourense. Xira presentación "DANZAS BRANCAS". Venres 21 de Febreiro. Auditorio Municipal. 21:00 horas.
![]() |
| Foto: Nando Pérez |
Agardámosvos!!!!
13 febreiro 2014
SONDESEU ao vivo. Carballo. Venres 14 de Febreiro. Pazo da Cultura. 21:00 horas.
SondeSeu, a orquestra folk vencellada á ETRAD, inicia a xira galega de presentación do seu novo traballo "Danzas Brancas" , na vila de Carballo o vindeiro venres 14 de febreiro no Pazo da Cultura ás 21 horas. Agardámosvos!
Carballo.
Venres 14 de Febreiro,
Pazo da Cultura.
21:00 horas.
Novos concertos de "Contras Cordas"
12 febreiro 2014
EXTRAESCOLARES ETRAD. Tradicional Pasarrúas de Antroido da ETRAD…Imos de ruada! Venres 28 de Febreiro. 17hs.
Chega o antroido e na ETRAD aproveitaremos para disfrazarnos
e reunirnos tod@s previamente na escola para ensaiar as coplas deste ano. Unha vez que estemos preparados sairemos á rúa a facer un pouco de festa
e amosar ás nosas coplas a quen as queira escoitar e desfrutar con nós.
Venres 28 de
febreiro
17h
Auditorio
Milladoiro
Entrada libre
06 febreiro 2014
Concerto do conxunto 5 da ETRAD; ContrasCordas
Este domingo será o primeiro concerto do grupo de conxunto 5 da escola, que leva o nome de ContrasCordas.
O actuación dará comezo ás 19h no Centro Cultural Lúdico Recreativo da Terceira Idade de San Vicente de Trasmañó.
04 febreiro 2014
EXTRAESCOLARES ETRAD. Curso de Tin Whistle. Xosé Liz. Venres 14 de febreiro.
Neste monográfico sobre o Tin Whistle impartido por Xosé Liz, abordaranse a descripción, contextualización, audicións,
técnica, trucos e repertorio deste instrumento irlandés. Aprenderanse varios
temas incidindo na técnica a empregar e o estilo do instrumento. Imprescindible
instrumento.
Venres 14 e 21
de febreiro
16h – 19h
Auditorio
Milladoiro
Número de
prazas: 15
Matrícula para alumnos e xente non matriculada na ETRAD
Créditos
computables por horas na ETRAD: 6h
Último día de
matriculación: 13 de febreiro
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)



+15.58.55.png)



