A ETRAD ten a honra de contar coa presenza de Darol Anger & Emy Phelps o xoves 22 de Maio ás 20 horas no Auditorio Milladoiro.

Excepcional entre os violinistas modernos pola sua versatilidade e profundidade, Anger axudou a impulsar a evolución das agrupacions de corda contemporánea a través da sua participación en numerosos conxuntos pioneiros como Republic Of Strings, Turtle Island String Quartet, David Grisman Quintet, Montreux ou o seu Duo con Mike Marshall entre outros.
Tivo actuado e ensinado en todo o mundo con músicos como Dr. Billy Taylor, Bela Fleck, Bill Evans, Edgar Meyer, David Grisman, a Sinfónica de Detroit, Mark O'Connor e Stephane Grappelli. Na actualidade participa en varios proxectos musicais, entre eles o novo dúo con Emy Phelps, coa que tamén colabora no grupo The Furies e que será a formación que teremos a oportunidade de disfrutar na xira que levarán adiante por Galicia neste mes de Maio.
Como curiosidade, decir que foi o violinista no tremendamente popular xogo de ordenador Sim City. Ademais de tocar en todo o mundo, grabou decenas de discos fundamentais na historia do fiddle. Foi solista en ducias de grabacions e bandas sonoras de películas. É profesor na mais prestixiosa escola de música popular do mundo: Berklee College of Music. Recentemente comezou un ambicioso proxecto de escola de fiddle enArtistWorks.com.
Absolutamente recomendable!
Darol Anger & Emy Phelps
ETRAD
R/ García Barbón, 5 - Vigo
Xoves 22 de Maio de 2014
20 horas
Auditorio MIlladoiro
Entrada de Balde ata completar aforo
Ningún comentario:
Publicar un comentario