A OFG SonDeSeu presenta Danzas Brancas en Melide. Será o sábado 2 de agosto, no Cantón de San Roque, ás 22:30hs. cando os 45 músicos desta formación orquestral dirixida polo prestixioso músico Rodrigo Romaní, levarán á vila dos Garceiras todo o vigor, frescura e enerxía dunha música tradicional galega peneirada por uns arranxos e composicións tan orixinais e contemporáneos como respectuosos co noso patrimonio musical. O concerto inscríbese dentro da programación cultural do Concello melidense da primeira quincena de agosto como antesala das festas de San Roque.
OFG SonDeSeu ao vivo
Sábado 2 de agosto
22:30hs
Melide, Cantón de San Roque

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario