Buscar neste blog

31 marzo 2015

Galaxia ETRAD. Rodrigo Romaní ao vivo. "As Arpas de Breogán". Venres 3 de abril. 21:00hs. Auditorio Municipal de Vigo.

En “As Arpas de Breogán”, Rodrigo Romaní presenta un traballo dedicado ao son da arpa céltica e á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional. Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música cultura compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primeiramente concibido para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria. Rodrigo Romaní é un músico ben coñecido do público galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raíz, a través do seu traballo como membro fundador de Milladoiro e colaborando con artistas e orquestras como Bill Whelan (Riverdance), Liam O'Flynn, English Chamber, RTE Orquestra ou a Sinfónica de Galicia. É ademais produtor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura, compositor premiado con un Goya e un María Casares, entre outros. Educador fundador da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo (ETRAD) ou director da primeira orquestra folk de España, SondeSeu. Como solista ten realizado tres traballos discográficos: Albeida, Cantos Caucanos e As Arpas de Breogán.


Rodrigo Romaní ao vivo. "As Arpas de Breogán".
Venres 3 de abril. 
21.00hs.
Auditorio Municipal de Vigo. 
Entradas anticipadas en Ataquilla e a Central de Espectáculos
Prezo: 5 EUR.

27 marzo 2015

Extraescolares ETRAD. Produción artística e executiva de formacións musicais e eventos. Xosé Liz. Venres 10 de abril de 201



Neste monográfico impartido por Xosé Liz, tratarase sobre todo o que acontece nunha producción artística. Dende loxística ao traballo, organización, problemas etc., tanto para unha publicación como para calqueira tipo de evento. Pormenores, encontros e desencontros do arduo traballo de produción.
 Venres 10 de abril de 2015
Aula 5: Perfecto Feijóo
Horario: 16h a 19h
Créditos computables na ETRAD: 3h
Último día de matriculación: 8 de abril


26 marzo 2015

EXTRAESCOLARES ETRAD. Audición de Primavera. Venres 27 de marzo de 2015. 18h. Auditorio Milladoiro




Nesta tarde de música @s alumn@s das diferentes especialidades instrumentais (arpa, zanfona, requinta, gaita, percusión, acordeón diatónico, corda pulsada, violín folk e canto popular) así como os alumnos de algunhas das aulas abertas da ETRAD, amosarán o aprendido ata o momento neste curso dando por finalizado o segundo trimestre do curso e para dar comezo as vacacións de Semana Santa.
Venres 27 de marzo de 2015
18h – 20:30h
Auditorio Milladoiro
Entrada libre ata completar aforo

24 marzo 2015

Programa Música na Escola. A ETRAD no CEIP Emilia Pardo Bazán. Martes 24 de marzo de 2015

Prosegue o Programa Música na Escola, coa visita dos mestres da ETRAD ao CEIP Emilia Pardo Bazán, para amosar aos estudiantes as posibilidades e recursos dos instrumentos que se imparten na escola. O Martes 24 de marzo de 2015 ás 12:00 hs.

17 marzo 2015

Música na escola. A ETRAD no CPR MARTÍN CÓDAX. 17 de marzo.

Dentro do ciclo que organiza a Concellería de Educación do Concello de Vigo. Os mestres da ETRAD desprázanse o 17 de marzo até o CPR MARTÍN CÓDAX para amosar os diferentes instrumentos que se aprenden na escola impartindo un pequeno concerto onde a participación do alumnado é imprescindible

14 marzo 2015

A OFG SondeSeu ofrece un ciclo de concertos didácticos polos Centros Culturais de Vigo. Do 14 de marzo ao 29 de maio

O presente ciclo de concertos didácticos da OFG Sondeseu, pretende aproximar ao público da cidade a un coñecemento máis profundo da súa orquestra folk, prezando o funcionamento desta fórmula musical que se deriva da tradición e entendendo as claves que os músicos utilizan para crearen novas pezas con materiais antigos.
Nestes concertos explicamos cal é a composición das diferentes seccións e como conflúen todas elas para chegares ao resultado final. Asemade establecemos un diálogo aberto co público para ilustraren todos aqueles aspectos que podan resultar de interese para a audiencia.

O ciclo de concertos arranca o sábado 14 de marzo, ás 20:30hs. no Centro Cultural e Recreativo de Cabral. R/ Becerreira, nº 145.

OFG SONDESEU
ciclo de concertos didácticos 
sábado 14 de marzo
Centro Cultural e Recreativo de Cabral
20:30hs.
R/ Becerreira, nº 145
Entrada libre e de balde ata completar aforamento

05 marzo 2015

Monográfico: Musicalización das películas de cine mudo. Alfonso Franco. Venres 13 de marzo. 16h – 19 Auditorio Milladoiro


Musicalizar un película de cine mudo é moito máis que interpretar unha secuencia de melodías ao tempo que discurre a mesma. Os instrumentos teñen que dar vida a unas imaxes que precisan de un apoio sonoro para  transmitiren a súa mensaxe  Neste cursiño traballarse os distintos recursos musicáis dende o punto de vista da súa capacidade para crea emocións. Musicalizar unha película de cine mudo no só supón a mera interpretación dúnha serie de obras musicáis. Os músicos teñen que saber escoller melodías axeitadas ao clima de cada escena, pero tamén acompañar con todolos recursos do seu instrumento as accións dos actores en cada plano, rescatándoos do escravizante silencio do cine dos anos 20.

 Venres 13 de marzo
16h – 19h
Auditorio Milladoiro
Número de prazas: 15
Créditos computables por horas na ETRAD: 3h

Último día de matriculación: 11 de marzo

CHARLA SOBRE A AFINACIÓN DAS TAPAS HARMÓNICAS

José Catoira é un prestixioso luthier, natural da Coruña. É diplomado pola Escola de luthería Newark, UK, e desenvolveu a súa exitosa carreira entre EEUU e Reino Unido. 
Na charla que ofrecerá , previa ao cursiño monográfico de afinación de tapas que impartirá na EMAO, explicará dun xeito moi didáctico cal é o sistema empregado polos luthieres para conseguir que as tapas e contratapas dos instrumentos produzan os harmónicos desexados cando están no proceso de construcción.

Entrada de balde. Hemeroteca da EMAO, García Barbón, 5 Vigo

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego