Marina Vigo (Gaita). Felipe Rodicio (Violín folk) e Antonio Prieto (Zanfona), estudiantes do último curso da ETRAD, celebran o seu remate de estudos con tres concertos individuais no que escoitaredes un repertorio arranxado e concebido por cada un deles. o mércores 10 de xuño ás 19 horas no Auditorio Milladoiro.
Concerto de fin de estudos.
Marina Vigo (Gaita).
Felipe Rodicio (Violín folk).
Antonio Prieto (Zanfona).
Auditorio Milladoiro
Mércores 10 de xuño de 2015
19:00hs.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario