O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
02 xuño 2015
Música na escola. A ETRAD visita o IES Beade. Martes 2 de xuño.
A ETRAD visita o IES Beade o martes 2 de xuño de 2015, dentro do programa Música na Escola, organizado pola Concellería de educación do Concello de Vigo. Este concerto pecha este ciclo no presente ano escolar, no que Javier Feijoó, Xosé Liz, Alfonso Franco, Xaquín Xesteira, Anxo Pintos, mestres da ETRAD, estiveron en 14 centros educativos da cidade de Vigo co obxecto de mostrar as especialidades impartidas na escola.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario