O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
26 outubro 2015
Concerto da OFG SonDeSeu en Cangas do Morrazo. Auditorio Municipal. Sábado 31 de outubro ás 20:30hs
A OFG SonDeSeu dirixida por Rodrigo Romaní, ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal de Cangas o sábado 31 de outubro ás 20:30hs. dentro da programación de "Mil festas máis para a lingua galega", da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. A entrada será de balde ata completar o aforamento. O repertorio estará composto polos temas que aparecen no seu último traballo chamado "Danzas Brancas".
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario