Este curso estará adicado ás Danzas de Reis, unha das expresións máis antigas dentro das conservadas na cultura tradicional galega vencelladas ás celebracións patronais das parroquias galegas na honra a Santos. Levarase a cabo a aprendizaxe dos movementos como a música das Danzas de Paus, contribuíndo non só a súa conservación no tempo, senon tamén a valoración desta tradición galega.
Venres 20 e 27 novembro e 11 de decembro de 2015
16h – 19h
Aula Perfecto Feijoo
Número de prazas: 12
Créditos computables por horas na ETRAD: 9h
Matrícula aberta a alumnos e a estudiantes non matriculados na escola
Último día de matriculación: 17 de novembro
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario