Buscar neste blog

15 decembro 2015

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran na rúa as festas do Nadal. Dec. 14-18. Rúa do Príncipe

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran na rúa as festas do Nadal

Durante toda a semana do 14 ao 18 de decembro, as escolas municipais de música e artes escénicas dependentes da Concellería de Educación do Concello de Vigo (Escola municipal de música de Vigo -EMMV-, Escola municipal de música folk e tradicional -ETRAD-, Escola municipal de danza -EMD- e Escola municipal de teatro -EMT-), farán a súa aportación ao ambiente deste Nadal na rúa do Príncipe, ao carón do MARCO, mediante pequenas actuacións de formacións propias de cada escola.

Con estas actividades o Concello de Vigo quere sacar á rúa, novamente, ás súas escolas municipais de música e artes escénicas, co obxectivo de que a cidade coñeza e disfrute co bo facer dos seus participantes, dándolle máis vida e cor ás súas rúas, nunhas datas sinaladas.

Deste xeito, dende o luns 14 de decembro e ata o venres 18, ofertarán o seguinte programa de actuacións na rúa, na contorna do MARCO (Museo de arte contemporánea de Vigo), na rúa do Príncipe da cidade:

ACTIVIDADES NA RÚA DO PRÍNCIPE - MARCO:

Data: luns 14/12/2015
Hora: 19,00h
“Coros da Escola municipal de música de Vigo (EMMV)”

Data: martes 15/12/2015
Hora: 19,00h
“Banda de gaitas e pandereiteiras da Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD)”

Data: mércores 16/12/2015
Hora: 19:00h
“Banda infantil e Banda sinfónica da EMMV”

Data: xoves 17/12/2015
Hora: 19,00h
“Grupos de danza, canto e percusión da Escola municipal de danza (EMD)”

Data: venres 18/12/2015
Hora: 18,00h
“Combos de adultos da EMMV”

Data: venres 18/12/2015
Hora: 19:30h

“Performances da Escola municipal de teatro (EMT)”

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego