A concellería de Educación do Concello de Vigo, a través das súas escolas municipais de música, pon en marcha o programa “Música coa escola”, co obxecto, un ano máis, de facer partícipes aos centros de ensino de primaria e secundaria da cidade da promoción e desenvolvemento de actividades artísticas e creativas relacionadas coa música.
O vindeiro martes 1 de marzo ás 12:00 hs., os mestres da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional ofrecerán un concerto didáctico no que amosarán as características dos instrumentos e o repertorio impartido na escola
Ningún comentario:
Publicar un comentario