Mañá martes 24 de maio remátase o programa de concertos didácticos das escolas municipais de música do presente curso académico. O profesorado da Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD) ofrecerá o concerto didáctico "Tocar é sentir" (último concerto deste curso), o martes 24 de maio, ás 12,00hs no Auditorio municipal para alumnado dos centros CEIP San Fernando, IES Alexandre Bóveda e CPR Martín Códax.
Concerto didáctico "Tocar é sentir".
Profesorado da Escola municipal de música folk e tradicional
do Concello de Vigo (ETRAD).
Martes 24 de maio, ás 12,00hs
Auditorio municipal

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario