O luns 3 de outubro ás 16 hs. ábrese o prazo para inscribirse nas aulas abertas das especialidades instrumentais da ETRAD. Os requisitos que se precisan para optares a unha praza é posuir o instrumento e un dominio técnico medio do mesmo. Están abertas tanto para alumnas/os da escola como para estudiantes alleos. As prazas dispoñibles serán adxudicadas por orde de inscripción na secretaría da escola. As clases comezarán o vindeiro 21 de outubro. Poderás inscribirte nas aulas abertas de:
Acordeón diatónico
Arpa céltica
Banda de gaitas
Cantares de troula
Corda pulsada e requinta
Corda frotada
Coro
Pandereteiras
Zanfona

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
EDUCAFOLK
VIGOFOLK
Folque
Error loading feed.
Ningún comentario:
Publicar un comentario