26 xuño 2017

Convocatoria de novas prazas para estudos musicais na Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD) para o curso 2017.2018


O Concello de Vigo oferta, a través da Concellería de Educación, as novas prazas para estudos musicais na Escola municipal de Vigo de música folk e tradicional (ETRAD), correspondentes á programación do vindeiro curso 2017-2018. As actividades desta escola van destinadas a toda a cidadanía, nenos e maiores, co fin de animar á práctica afeccionada da música, así como á formación non regrada previa aos estudos de carácter profesional. Os interesados en formar parte destas actividades poderán escoller entre as opcións que a Concellería de Educación propón e que se concretan en:
Escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)
De 4 a 7 anos: Música e Movemento.
A partir de 8 anos:
 Práctica instrumental: Canto popular, Violín Folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
 Actividades grupais. Aulas abertas.
Máis información:
 Escola municipal de Vigo de música folk tradicional (ETRAD): Avda. de García Barbón, 5 (36201 Vigo) Teléfono: 986 228088/7
 Horario de atención ao público: de 11,00h a 14,00h, e de 17,00h a 20:00h. de luns a venres (agosto pechado) Correo electrónico: e-trad@vigo.org / Web: www.emmavigo.org

PRAZOS PARA A ETRAD,
Preinscripción:
On line (www.emmavigo.org): do 26 de xuño ao 8 de setembro de 2017
. Presencial (na oficina da ETRAD): do 26 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro (en agosto as escolas municipais están pechadas).
 Publicación da lista de solicitantes: 13 de setembro
Realización de probas (no seu caso): do 14 ao 19 de setembro. 
Realización de sorteo (no seu caso): 15 de setembro. 
Publicación da lista de admitidos: 22 de setembro
Matrícula: do 22 ao 29 de setembro


Comezo do curso: 2 de outubro

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego