Ao longo da semana que vai do uns 19 ao veres 23 de marzo, os mestres da ETRAD mostran os instrumentos que imparten na escola nun ciclo de concertos didácticos, organizado e promovido polo Servizo de Educación do Concello de Vigo, coa idea de achegar aos estudantes dos CEIP e institutos de Vigo, as músicas do Pergameo Vindel desde a visión propia dos mestres da ETRAD, que arranxaron para a ocasión, as sete cantigas de Martín Códax. Os concertos van acompañados con vídeos explicativos sobre o contexto histórico no que se crearon as cantigas e os avatares do descobrimento e da investigación do pergameo por Francisco Vindel.
Semana de concertos divulgativos dos mestres da ETRAD.
As músicas do pergameo Vindel.
Auditorio do Concello de Vigo.
12h.
Do luns 19 ao venres 23 de marzo.

O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
22 marzo 2018
15 marzo 2018
EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Audición de Primavera. Xoves 22 de marzo de 2018. 19h. Auditorio do Concello de Vigo. Entrada libre ate completar aforamento.
-->
Nesta
tarde de música @s alumn@s das diferentes especialidades instrumentais (arpa,
zanfona, requinta, gaita, percusión, acordeón diatónico, corda pulsada, violín
folk e canto popular) así como os alumnos de algunhas das aulas abertas da ETRAD,
amosarán o aprendido ata o momento neste curso dando por finalizado o segundo
trimestre do curso e para dar comezo as vacacións de Semana Santa.
Xoves 22 de marzo de 2018
19h a 21h
Auditorio do Concello de Vigo
Entrada libre ate completar aforamento (300
persoas)
05 marzo 2018
EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Presentación do Libro CD “O gaiteiro de Santo Xusto, O son da Ulloa” de Bruno Villamor. Mércores 14 de marzo de 2018 20:30h Auditorio Milladoiro Libre e gratuíto ata completar aforo (100 persoas)
O mércores 14 de marzo teremos na escola a Bruno Villamor que
sacou á luz o cd-libro O Gaiteiro de Santo Xusto ‘O son da Ulloa’,
continuación do libro que recibe o mesmo título publicado no ano 2014 no
que recolle as vivencias do seu avó Ramiro Villamor, coñecido en toda a comarca
da Ulloa como O Gaiteiro de Santo Xusto, un dos personaxes máis famosos e
lembrados en A Ulloa da segunda metade do século XX. Neste disco recolle parte do repertorio que
aprendeu de Ramiro Villamor ‘O Gaiteiro de Santo Xusto’ (Palas de Rei)
reinterpretado.
Para este proxecto rodeouse de
amigos e amigas (músicos de recoñecido prestixio) como Davide Salvado, Xisco
Feijóo, Pepe Vaamonde, Germán Díaz, Zoelas, Tango en Xan3iro, Cántigas e Frores,
Begoña Lorenzo, Os Minhotos, Marcos Galán...
20:30h
Auditorio Milladoiro
Libre e gratuíto ata completar aforo (100 persoas)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)