A Banda de Gaitas das Aulas Abertas da ETRAD foi convidada pola Asociación Cultural XIRONSA, de Corvillón (Cambados) para realizar un concerto dentro do programa das numerosas actividades que realiza esta asociación ao longo do ano. Será no AUDITORIO A XUVENTUDE o SÁBADO 28 de ABRIL, ás 21:00 hrs.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario