Concerto do Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) no pub O Diaño en Pontevedra
Este sábado 14 de abril o Conxunto Instrumental 5 (CAVIVAI) da ETRAD darán un concertó no pub O Diaño en Pontevedra (rúa Charino 33) ás 23h. Non volo podedes perder!
Somos un grupo formado polos alumnos do 5ª curso da ETRAD de Vigo na materia de “conxunto instrumental”. Levamos dous anos traballando para amosar un repertorio no que revisamos temas tradicionais e de autor, arranxados e adapatados aos nosos instrumentos polo propio grupo, ainda que tamén incluimos algún tema orixinal (composición de melodías).
Mesturamos os coñecementos adquiridos nas aulas coa vagaxe musical de cada un dos seus compoñentes partindo da tradición que nos caracteriza e define.
O nome de CAVIVAI vén do xeito fonético que tiñan nalgunas localidades de denominar aos cantos de reis (que viva y que reine....”cavivai......)
Álvaro Carballo: percusión
Flor Díez: Canto e percusión
Hugo Franco: Guitarra
Jose L. Simal: Zanfona
Leti Pais: Arpa
María Pérez: Violín
Xan Pérez: Requinta
Ningún comentario:
Publicar un comentario