O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
12 xuño 2018
EXTRAESCOLARES ETRAD 2017/18. Audición da Aula de Zanfona. Martes 19 de xuño. 19:45. Hemeroteca da EMAO.
A aula de zanfona celebrará o vindeiro martes 19 de xuño unha audición na hemeroteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo, cun repertorio centrado na música popular galega e nunha escolma de temas franceses e do periodo barroco pensados para este milenario instrumento.
Martes 19 de xuño. 19:45.
Hemeroteca da EMAO.
Entrada libre e de balde ata completar aforamento. (90 persoas. 60 cadeiras)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario