CURSO: FABRICA O TEU PALLÓN 01 E 08 DE FEBREIRO DE 2019
Curso para a fabricación de pallóns de ronco e ronqueta de cana, manipulación e preparación para o seu correcto funcionamento. Ao elaboraren cada quen o seu pallón, éste adaptarase mellor ao seu xeito de tocar respecto do tempero e da sonoridade do instrumento.
Ao ser necesario realizar unha encarga de cana coa suficiente antelación, o prazo de inscrición será ata o 20 de Decembro, co obxecto de termos marxe para facermos o pedido, asegurando que chegue a tempo para o curso.
Material preciso para empregar no curso:- Cana seca en tubos para ronco e ronqueta. Ronco: Ø 9,5 - 10 mm.
Ronqueta: Ø 7,5 - 8 mm.
Para facer un pedido conxunto, dirixirse a Xaquín Xesteira.
- Navalla ben afiada
Recomendamos este tipo de navalla:
Para máis información: https://celsoferreiro.com/navallas/

Ningún comentario:
Publicar un comentario