O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
26 decembro 2018
NOVAS ETRAD. Concerto da Aula Aberta de Zanfona. Xoves 27 de decembro. 19:30h. Praza da Princesa.
O grupo de zanfonas da ETRAD, ofrecerá o vindeiro xoves 27 de decembro ás 19:30h na Praza da Princesa de Vigo, un concerto enmarcado nas actividades culturais programadas polo Concello de Vigo para este nadal. Será unha inmellorable ocasión de escoitar a este milenario instrumento cunha das formacións máis numerosas do pais. Agardámosvos!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario