O grupo de Conxunto 5 do itinerario avanzado da ETRAD (Diapente) ofrecerá este sábado un concerto con temas arrancados polos membros do grupo. Será no C.R.A.C. de Coruxo.Estades tod@s convidad@s!
Sobre Diapente:
Como a escuridade busca luz, e a soidade busca compañía,
Diapente procura harmonía con instrumentos melódicos.
Como a familia que non podes escoller, Diapente xorde da
unión de varias clases individuais de instrumentos que
teñen que facer conxunto, forxando unha gran amizade nun
camiño novo que descubrir, e teros que afrontar. A
innovación e imaxinación fan deste grupo peculiar unha
fórmula nova que pretende facerse un pequeno oco na
historia da música tradicional galega.
Marta Ces, canto e percusiónSara Bonner, zanfona
Pablo Recuna, requinta e fruta
Ángel Soto, requinta e fruta
Isaura Framil, violín
Ningún comentario:
Publicar un comentario