Buscar neste blog

31 maio 2019

EXTRAESCOLARES ETRAD 2018/19. Audición da Aula de Zanfona. Venres 31 de maio. 19:00. Hemeroteca da EMAO.
































A aula de zanfona celebra o vindeiro venres 31 de maio 
un concerto-audición na hemeroteca da Escola de Artes 
e Oficios de Vigo, cos estudiantes de todos os niveis e da 
Aula Aberta. Cun repertorio centrado na música popular 
galega, teredes a oportunidade de escoitar este instrumento 
nun formato que irá dende o dúo ata o dunha formación 
integrada por case unha trintena de músic@s. 

Audición da Aula de Zanfona.
Venres 31 de maio. 19:00h. 
Hemeroteca da EMAO. 
Entrada libre e de balde ata completar aforamento. (90 persoas. 60 cadeiras)

13 maio 2019

Presentación do disco “Vivimos en Vigo” de Anxo Blas. Mércores, 22 de maio de 2019. 20:30h. Auditorio Milladoiro. Entrada libre ata completar aforamento (100).

O día 22 de maio teremos a sorte de poder contar co cantautor ourensán Anxo Blas. Autodenominado “paragüeiro trovador”, Anxo canta os seus poemas e musicaliza tamén os de outros grandes da nosa literatura coma Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro, Quico Valeiras. Manuel María e Rosalia de Castro.

Desta volta vén á escola a presentar o seu traballo discográfico “Vivimos en Vigo”. Unha publicación máis para engadir á nosa cultura musical galega.

Mércores, 22 de maio de 2019.
20:30h.
Auditorio Milladoiro.
Entrada libre ata completar aforamento (100).

08 maio 2019

Concerto das letras galegas. A OFG 'SonDeSeu' estrea a suite 'Cotobade', composta por Rodrigo Romaní e Xaquín Xesteira na homenaxe a Antonio Fraguas organizado polo Consello da Cultura Galega. 16 de maio. 20:30h. Auditorio de Galicia.

Foto: Yanka Soto.

A música regresa á programación das Letras Galegas para conmemorar o 'ano Fraguas', co concerto impulsado polo Consello da Cultura Galega que nesta ocasión dedicará especial atención á paixón do autor de Cotobade pola cultura tradicional.


É por iso que a entidade cultural contou co traballo da orquestra folk 'SonDeSeu', que compuxo a suite orixinal 'Cotobade', por parte de Xaquín Xesteira e Rodrigo Romaní, inspirándose en materiais recuperados da parroquia natal do propio Fraguas, que acompañarán xunto con pezas do seu repertorio habitual.

O concerto, que se celebrará o 16 de maio no Auditorio de Galicia de Compostela, foi presentado este venres en rolda de prensa por parte da presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e coa presenza de ambos os músicos.

Álvarez destacou que Antonio Fraguas pasou en Santiago "a maioría da súa vida" e é a cidade na que repousa e, ao mesmo tempo, parte do seu traballo en vida consistiu na recuperación de textos musicais tradicionais. Neste caso, tratábase dunha "ocasión excelente" para contar cun repertorio de música tradicional galega, ademais dunha composición nova grazas ao traballo dos músicos da orquestra.

Romaní, precisamente, agradeceu poder crear unha peza totalmente nova para esta ocasión, entendendo que a forma de impulsar a transmisión entre xeracións da música tradicional é achegando "novos puntos de vista" e "creatividade". "Son os alicerces desta aventura", destacou, respecto diso do proxecto 'SonDeSeu', que iniciou como unha escola de práctica e consolidouse como unha iniciativa musical a longo prazo e cunha traxectoria de 18 anos.

A suite 'Cotobade' ofrecerá 15 minutos de música ininterrompida, dividida en catro partes e con pasaxes baseadas nos materiais recadados na zona de Cercedo-Cotobade, xunto coa evocación do chamado 'Pasodobre de Viascón' gravado nos anos 80 por Ricardo Portela.

Toda a info sobre o programa do concerto e modalidade de acceso aquí: ¿Como podo asistir?


Concerto das letras galegas.
OFG SonDeSeu.
Auditorio de Galicia 
16 de maio de 2019
20:30h.
Entrada libre e gratuita. 
Para asistir ao concerto é necesario retirar previamente os convites no Teatro Principal de Santiago de Compostela (dous convites máximo por persoa a partir do día 9 de maio) ou o propio día do evento no Auditorio de Galicia.

EXTRAESCOLARES ETRAD 2018/19. Concerto de Diapente (Conxunto 5) no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Xoves 16 de maio de 2019. 20h. Auditorio do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. r/ Felipe Prósperi s/n, Vigo.



Desta volta, o Conxunto 5 da ETRAD (Diapente) amosará a súa música no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, como un dos grupos participantes no ciclo que organizan na Semana das Letras e da Música Galega 2019. Este será un dos últimos concertos que darán antes de rematar o curso. 

Xoves 16 de maio de 2019.
20h.
Auditorio do Conservatorio Profesional 
de Música de Vigo.
r/ Felipe Prósperi s/n, Vigo. 

06 maio 2019

A OFG SonDeSeu e o director da ETRAD, Rodrigo Romaní, finalistas nos XVIII Premios Opinión de música de raíz. Teatro Rosalía de Castro. Mércores 8 de maio.

Na Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional (ETRAD), estamos contentos por partida tripla ao sabermos que o director da escola, Rodrigo Romaní, vén de ser nominado xunto a outros tres finalistas na categoría de mellor artista aos Premios Opinión de música de Raíz na súa XVIII edición. E tamén por ver a OFG SonDeSeu co seu último traballo, “Beiralúa” entre os artistas nominados a mellor disco. Xunto a isto, Quico Comesaña, co seu Ciclotimias, o tema que abre a escoita de “Beiralúa”, está nas nominacións a mellor tema original.

Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) acollerá este mércores 8 de maio a décimo oitava gala de entrega dos XVIII Premios Opinión, galardóns organizados polo xornal La Opinión da Coruña (co apoio da Agadic) para os artistas e grupos galegos máis destacados dentro da música raíz. A cerimonia estará amenizada por Entre Trastes, Sisters In The House e Samarrúas. 
Parabéns a tod@s


Mellor artista
RODRIGO ROMANÍ
Nova aparición neste apartado do noiés. Xa gañou este galardón e volve aparecer grazas a un traballo construído con gusto, baseándose na súa querida arpa. 

Fundador de Milladoiro na década dos setenta e da orquestra folk SondeSeu no alborexar deste século. Rodrigo Romaní é un dos grandes referentes da música tradicional galega. Hai algúns anos, como resultado dun accidente doméstico, seccionouse un dedo da man dereita o que o obrigou a retirarse do ensino da arpa celta, instrumento do que foi gran recuperador xunto a Emilio Cao. Afortunadamente o multiinstrumentista noiés foi quen de desenvolver unha nova técnica de interpretación que lle permitiu seguir en activo. O seu último traballo chámase Fios de ouro no ar no que fai trío con Bea Martínez (arpa segunda) e Xulia Feixoo (percusión).
Mello disco
BEIRALÚA
Intérprete: SondeSeu
Hai un ano que SonDeSeu publicaba Beiralúa (2018), un convite sonoro á danza colectiva no «espazo onde se atopan os exploradores de rutas da imaxinación; nas marxes da lúa pódense intuír as peculiares (an)danzas destes seres». Esta quinta referencia busca a celebración da vida en 18 temas que pretenden «abrir un camiño novo na elaboración da música de tradición oral galega» con novas sonoridades. Para Beiralúa, a orquestra de folk contemporáneo contou coas composicións, arranxos ou interpretacións de grandes artistas da música galega como (XLR & AliboriaVaamonde, Lamas e Romero), Pedro LamasSusana SeivaneTreixaduraRosa Cedrón, Anxo Pintos (Berrogüetto), quen compuxo “San Martiño”, obra creada para a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade, ou Quico Comesaña, autor destas “Ciclotimias”.
Videoclip OFG SonDeSeu. Suite San Martiño (Fragmentos)


 Mellor tema orixinal 
CICLOTIMIAS
Intérprete: SondeSeu
Esta coidada composición de Quico Comesaña para a orquestra folk galega conseguiu meterse entre as catro elixidas a mellar tema orixinal.
Videoclip Ciclotimias



EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego