Clica no enlace inferior para consultar as listases de admisións en Música e Movemento, Aulas Abertas e primeiros cursos dos niveis Básico e Medio.
LISTAXES DE ADMISIÓNS. ETRAD. CURSO 2019-2020
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario