Buscar neste blog

26 novembro 2019

EXTRAESCOLARES ETRAD 2019-20. CURSO: PREVENCIÓN DE LESIÓNS E MELLORA DO RENDEMENTO INTERPRETATIVO PARA MÚSICOS. MARÍA DEL CARMEN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. VENRES 29 DE NOVEMBRO, 13 E 20 DE DECEMBRO DE 2019 16H – 19H.

Impartido por María del Carmen Rodríguez Rodríguez. Fisioterapeuta. Osteópata. Especializada en Fisioterapia da Música polo Centro de Prevención en Artes Escénicas de Barcelona. Formada en Reeducación Postural Global e Posturoloxía. Clarinetista. Neste curso trataranse temas tan importantes como a postura, os quecementos, alongamentos e flexibilidade precisa, a tonificación e alimentación e a respiración, coidados mentais e relaxación.
Venres 29 de novembro, 13 e 20 de decembro de 2019
16h – 19h.
Aula 5. Perfecto Feijóo.
Número de prazas: 20.
Matrícula aberta ata o 29 de Novembro.
Créditos computables por horas na ETRAD: 9h.
25 euros. Gratuíto para estudantes de medio e avanzado da ETRAD.

05 novembro 2019

GALAXIA ETRAD. O mestre de canto, Xisco Feijoo no espectáculo de danza "Entresoños" de Fran Sieira, coa música do mestre de zanfona Anxo Pintos. Auditorio do Concello de Vigo. 08/NOV e 09/NOV. 21 horas

O mestre de canto, Xisco Feijoo forma parte do elenco do espectáculo de danza "Entresoños" de Fran Sieira, coa música do tamén mestre da escola, Anxo Pintos. Entresoños estará no Auditorio do Concello de Vigo dentro da programación de Vigocultura esta semana os días 08/NOV e 09/NOV. ás 21 horas.

Sobre ENTRESOÑOS:

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 60/70 min de duración, da compañía de danza de Fran Sieira cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico deseñado por Vanesa Hernández, a iluminación de  Luis Perdiguero,  e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do codirector David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

"Entresoños" con Fran Sieira,  Xisco Feijoo e Aida Tarrío
Direción: Fran sieira
Codireción artística: David Vilariño, Fran Sieira
Música e deseño sonoro: Anxo Pintos.
Deseño escenografía Vanesa Hernánez (DiiVant)  
Deseño de iluminación: Luis Perdiguero 
Vestiario: Alessio Meloni

Auditorio do Concello de Vigo. 
08/NOV e 09/NOV. 
21 horas.
Entrada: 8 EUR
Entradas Online: 
Entradas online aquí

GALAXIA ETRAD. O mestre de gaita Xaquín Xesteira cos Faíscas de Solobeira en Shanghai na China International Import Expo (CIIE) xunto coa delegación da Xunta de Galicia participando nos actos institucionais programados para o día de Galicia.

O mestre de gaita Xaquín Xesteira estará con Os Faíscas de Solobeira estarán este mércores día 6 de novembro en Shanghai na China International Import Expo (CIIE) xunto coa delegación da Xunta de Galicia participando nos actos institucionais programados para o día de Galicia. 

Sobre os Faíscas:

Fúndase o grupo en 1982. Os primeiros compoñentes comezaronna música tradicional na agrupación que había nese momento no Centro Cultural e Deportivo Sixto, na parroquia de Solobeira, pertencente ao concello de Vilagarcía de Arousa. A mesma parroquia dos míticos gaiteiros OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA referente para este grupo.  

Ao longo do tempo foron cambiando algúns dos seus integrantes ata 1992, no que a formación quedaría conformada con Ramón Vázquez (O Chilro) e Xaquín Xesteira nas gaitas, Xosé Manuel Gómez no tamboril e Ernesto Abal no bombo ata o ano 2012, ao bombeiro, o substitúe Nicolás Andrade, debido ao oseu pasamento.  

A súa música está repartida pola maior parte das festas e romarías da comarca do Salnés fundamentalmente, e por toda a xeografía galega.  

O grupo de gaiteiros Os Faíscas centra a súa actividade no papel que realizan os gaiteiros nas festas, ou sexa, tocar nas alboradas ou pasarrúas, procesións, etc. 

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego