@s alumn@s de Percusión Tradicional xa tedes á vosa disposición a 6ª entrega de material.
Podedes acceder ós exercicios nas seguintes ligazóns:
- Material 1º Básico: Pezas
- Material 2º Básico: Exercicios
- Material 3º de Básico: Caiño
- Material 1º de Medio: Valse de Alen
- Material 2º de Medio: Aires de Pontevedra
- Material 4º de Medio: Brincadeira
Lembrade ir descargando o material das entregas anteriores, porque terei que ir borrando as carpetas para ter máis espazo.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD), unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A ETRAD correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Buscar neste blog
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario