05 maio 2020

NOVAS ETRAD. A OFG SonDeSeu grava en confinamento Mar de Vigo, nunha versión a 62 móbiles




Os músicos de SonDeSeu gravan o tema Mar de Vigo con 62 móbiles en pleno confinamento. O vídeo publicado o pasado venres 24 de abril na canle de YouTube da orquestra xestouse a semana anterior coa gravacións individuais usando unha guía de referencia. Non é casual a elección do tema escollido: Mar de Vigo, arranxado polo ser director e artífice da ideaRodrigo  Romaní e presente no 1º dos 5 traballos discográficos realizados ao longo dos seus 19 anos de historia. Un camiño que ten levado a esta formación, nada na nosa escola, a erixirse nun referente internacional no seu género.
Clica aquí para ires ao vídeo

Esta gravación supuxo tamén a estrea das novos músicos incorporados dende a ETRAD algunhas das seccións da orquestra. Un debut tan inusual como ilusionante para todxs elxs e que supón que a orquestra viguesa supere na actualidade os 60 membros.

Desta iniciativa fixéronse eco varios medios de comunicación como La Voz de Galicia, siendo tamén nova cultural destacada do programa Revista Fin de Semana da TVG.

Nova sobre a gravación de SDS de Jorge Lamas en La Voz de Galicia

SDS na Revista Fin de Semana da TVG


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego