Os Xesteira, trío musical formado polo noso mestre de gaita e os seus fillos, Anxo e Roi Xesteira, participaron na gravación dun vídeo en confinamento xunto coa Banda Municipal de Santiago de Compostela publicado nas canles da institución santiaguesa, que este ano cumpre os seus 172 de historia, o pasado domingo 17 de maio, por mor da celebración do Día das Letras Galegas interpretando a Muiñeira de Florencio, o cego dos Vilares, con arranxos para banda de Xaquín e Anxo Xesteira.
Tamén apuntar que o tratamento do audio e a post produción do vídeo estiveron a cargo do noso mestre de gaita.
Podedes acceder ao vídeo premendo na ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario