Todxs xs alumnxs que estudan no Itinerario Medio da escola deben pasar por determinadas asignaturas independentemente do instrumento (especialidade) que estén cursando. A intención é que obteñan unha educación integral. Unha destas materias é Polifonía,impartida sola muestra Xela Conde, para moitos/as, é unha oportunidade de aprender e adicarlle tempo á voz cantada, un instrumento que descoñecen e non adoitan practicar.
Obviamente, é unha asignatura presencial. Cadra no segundo cuadrimestre, así que este curso foi moi raro xa que só tiveron algo máis dun mes de clase na aula ... o resto foi telemáticamente.
A proba deste ano a tendes diante; un multivídeo cunha canción elixida de entre as que aprenderon no confinamento. Para a maioría foi a primeira vez que gravaban cantando. É moi de agradecer a súa entrega, motivación ... e simpatía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario