24 setembro 2020

ETRAD. MATRÍCULA CURSO 2020-21. Do 24 ata o 30 de setembro para o alumnado admitido no 1º curso de instrumento de nivel Básico e Medio, 1º curso de Nivel Avanzado (en caso de ter superadas as probas de acceso de setembro), 1º de Música e Movemento e Aulas Abertas de Coro, Banda de Gaitas, Corda Frotada e Zanfona.


Dende o 24 ata o 30 de setembro está aberto o prazo de matrícula para todos os alumnos admitidos no 1º curso de instrumento de nivel Básico e Medio, 1º curso de Nivel Avanzado (en caso de ter superadas as probas de acceso de setembro), 1º de Música e Movemento e Aulas Abertas de Coro, Banda de Gaitas, Corda Frotada e Zanfona.


Para formalizar a matrícula será imprescindible aportar:
Impreso de matrícula cuberto e asinado
Xustificante de pago das taxas de matrícula ou, no caso de solicitar a exención de taxas, unha copia da solicitude. 
Efectuarase o pago na sede electrónica do Concello de Vigo, á que se pode acceder a través deste enlace. Para a  SOLICITUDE DE EXENCIÓN: as persoas que desexen pedir a exención das taxas deberán pedir cita previa:
  • Por teléfono: chamando ao 636 93 32 98 (teléfono habilitado para este fin)
  • Por correo electrónico: mandando un correo a: ofi.educación@vigo.org
Ás persoas que contacten por algunha destas vías daráselles unha cita dentro do periodo habilitado (do 24 ao 30 de setembro), e logo deberán presentarse no horario que se lles indique na ventanilla nº 22 da lonxa do Concello, na Praza do Rei, coa documentación correspondente.
Podes acceder ao impreso para solicitar a exención, así como a ordenanza municipal que establece as condicións que debe reunir o solicitante para que se lle conceda nos enlaces adxuntos que aparecen abaixo.

Unha vez pagado, o importe da matrícula non é reembolsable.

Hai dúas vías de presentación da matrícula:
Por correo electrónico dirixido a e-trad@vigo.org, que deberá incluir o impreso de matrícula cuberto, escaneado ou fotografiado + xustificante do pago das taxas (ou ben copia da solicitude de exención previamente presentada no Rexistro do Concello de Vigo) e unha fotografía actualizada en formato .jpg (pode ser unha foto tomada co móbil).

Na secretaría da ETRAD de maneira presencial. Os que opten por esta modalidade deberán solicitar CITA PREVIA no tlf. 986 22 80 87. As persoas que soliciten a exención das taxas deberán levar o resgardo da solicitude. O impreso pódese solicitar na mesma SecretaríaO horario de atención ao publico será de 11:00 a 14:00 hrs., de luns a venres.
PRAZO: do 24 ao 30 de setembro. Non se admitirá ningunha solicitude a partir das 24:00 hrs. do día 30 de setembro de 2020.

Facer clique nos enlaces para descargar os documentos adxuntos:

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego