16 setembro 2020

ETRAD 2020-21. Aberta inscrición probas de acceso ao Itinerario Avanzado ata o 21/09. Arpa Céltica, Acordeón diatónico, Canto Popular, Corda Pulsada, Gaita, Percusión Tradicional, Requinta, Violín Folk

Xs interesadxs en cursar os estudos do tinerario avanzado poderedes inscribirvos ata o 21 de setembro para facer as probas de acceso a avanzado, na súa convocatoria extraordinaria mediante o envío dun correo electrónico á secretaría ata o día 21 de setembro: e-trad@vigo.org

O día 22 de setembro de 2020 terán lugar as Probas de Acceso ao Itinerario Avanzado da ETRAD. Para facilitar a súa realización por parte dos interesados haberá dúas quendas:

Quenda de mañá: a partir das 10:00 hrs.

Quenda de tarde: a partir das 16:00 hrs.


Cada quenda constará de dúas partes:

Proba teórica: consistirá en 60 preguntas tipo test sobre Ritmos e Xéneros da Música Tradicional, Harmonía elemental e Tradición e Ciclo Anual. Todos os aspirantes realizarán a proba ao mesmo tempo. Duración: 60 min. máximo.

Proba práctica: consistirá na demostración técnica do instrumento da especialidade cunha duración aproximada de entre 15-20 min. Devido á estapa que estamos a vivir, para esta proba o/a aspirante poderá acompañarse (ou non) doutros instrumentos que estime oportunos. A orde será consensuada o mesmo día entre os aspirantes.


NON SE PERMITIRÁ O ACCESO DE PÚBLICO ÁS PROBAS PRÁCTICAS.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego