10 novembro 2020

GALAXIA ETRAD. O mestre de zanfona participa no encontro do Club Faro de Vigo sobre Ricardo Portela. Alento, vida e expresividade da gaita. Venres 13 de novembro ás 20 h. Salón de actos do MARCO

“RICARDO PORTELA. Alento, vida e expresividade da gaita”


O vindeiro Venres 13 de novembro ás 20 h no salón de actos do MARCO e dentro dos actos organizados polo Club Faro De Vigo, terá lugar un encontro entre o organizador do acto, o músico e investigador Óscar Ibáñez cos tamén músicos Xoán López, membro fundador do Colectivo Paseniño e do grupo Treixadura e o noso mestre de Zanfona, Anxo Pintos.

Eles falaranos das experiencias que partillaron co egrexio gaiteiro de Viascón, Ricardo Portela neste ano no que se cumple o centenario do seu nacemento

“RICARDO PORTELA. Alento, vida e expresividade da gaita”

Venres 13 de novembro ás 20 h 

Club Faro de Vigo

Salón de actos do MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Rúa Príncipe 54, Vigo.

Xoán López
, membro fundador do Colectivo Paseniño e de T
reixadura
Oscar Ibáñez
, músico e investigador


Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego