02 novembro 2020

NOVAS ETRAD 2020-21. Aberto o prazo de matrícula para a Aula Aberta de CANTARES DE TROULA E COMPAÑA. Do 2 ao 6 de novembro.

 Desde o luns 2 ata o venres 6 de novembro está aberto o prazo de matrícula para a Aula Aberta de CANTARES DE TROULA E COMPAÑA.


Debido ás restricións da asistencia por mor da Covid-19, organizaranse dous grupos dun máximo de 19 persoas cada un:
  • Grupo A: xoves, de 19 a 20 hrs.
  • Grupo B: xoves, de 20 a 21 hrs.
A matrícula pode presentarse a través de correo electrónico dirixido a e-trad@vigo no que se inclúa o impreso de matrícula cuberto e asinado, e posteriormente escaneado ou fotografiado. No correo debe incluirse tamén un certificado de conta bancaria ou documento (un recibo, p.e.) no que figuren o nome do titular e o iban da conta.

Quen desexe facer a matrícula de xeito presencial deberá solicitar cita previa no tlf. 986 22 80 87.

Descarga aquí: impreso de matrícula.

Ningún comentario:

EDUCAFOLK

VIGOFOLK

Folque

A Regueifa Blog

Malmequer

El Rincón del Jarramplas

Arperia

Proxecto Virtual Patrimonio Musical Galego